Información xeral

RUTA EN KAIAK

A Ría do Masma, catalogada como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Conservación (ZEC), é un excelente lugar para apreciar a natureza.

Un roteiro en kaiak é unha alternativa distinta para pasar divertidos momentos e facer exercicio ao aire libre coa familia e os amigos/as. O Concello de Barreiros pon en marcha estes roteiros guiados para coñecer este espazo natural desde unha perspectiva diferente. Descobre os seus recunchos e goza da natureza nunha contorna privilexiada. Os kaiaks son fáciles de usar e aptos para tódolos niveis xa que non é precisa experiencia previa.

Nesta travesía percorreremos o litoral da Ría pola marxe de Barreiros acompañados dun equipo de guías especializados. Habitualmente é posible observar numerosas especies de aves como gaivotas, corvos mariños, mazaricos e garzas, entre outras especies de fauna e flora mariña, mentres gozamos dun agradable paseo en kaiak. Durante a actividade adóitase facer algunha parada en recunchos tranquilos da Ría.

A actividade realízase con instructores titulados.

Inclúense remos e chalecos pero non neoprenos.

Idade mínima para participar: 7 anos. Os/As menores de doce anos deberán participar acompañados do pai/nai ou titor legal.

Posibilidade de elixir un kaiak dobre ou individual (ata esgotar existencias). Unidades limitadas.

DATAS E HORARIOS

Rutas:

1ª – Venres 9 de xullo ás 16:00h

2ª – Venres 23 de xullo ás 16:00h

3ª – Venres 6 de agosto ás 16:00h

4ª – Venres 20 de agosto ás 16:00h

Duración: 2 horas aprox.

Custo por persoa e ruta: 30€. Inclúe seguro de accidentes e RC.

Saída desde: embarcadoiro praia de Anguieira.

IMPRESCINDIBLE E RECOMENDACIÓNS

Imprescindible:
Contar cunha condición física e psíquica suficiente para a práctica desta actividade e saber nadar.
Presentar o Documento Nacional de Identidade no momento de iniciar a actividade para confirmar a inscrición.
Traxe de baño, toalla e roupa para cambiarse.
Máscara e funda impermeable para gardala.
Deberá respectarse o protocolo covid-19 que estableza a organización da actividade. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade, respectando dita distancia, a mascara poderá sacarse dentro da embarcación.

Recomendacións:

Calzado pechado para a auga (escarpines).

PRAZOS DE SOLICITUDE E ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Prazo de Solicitude: O prazo de solicitude estará aberto ata 3 días antes da data da actividade, sendo o último día do prazo o luns previo á actividade, ou ata que se cubra o número máximo de participantes para cada unha das datas.

Asignación de prazas: As prazas asignaranse por orde de presentación no rexistro do concello. Poderán presentarse ben presencialmente nas oficinas do concello ou a través da sede electrónica municipal https://barreiros.sedelectronica.es (Trámite: Rutas guiadas en kaiak) achegando declaración responsable obrigatoria e a información sobre a protección de datos por cada un dos inscritos. Estes dous últimos documentos (declaración responsable obrigatoria e información sobre a protección de datos) poderán enviarse a posteriori por correo electrónico no momento de axuntar o xustificante de pago.

Formalización da inscripción: unha vez realizada a solicitude, o concello contactará co solicitante para confirmarlle a reserva de praza. Desde o momento en que se lle confirme a reserva de praza, disporá de dous días para realizar o ingreso das taxas na conta do concello e remitir o xustificante de pago ó mail secretaria@concellodebarreiros.gal. Si neses dous días non realiza o ingreso, considérase que desiste da súa solicitude e a reserva quedará anulada e ditas prazas dispoñibles. Neste momento tamen poderá remitir as declaracións responsables e a información de protección de datos de todos os participantes.

Prazas limitadas: o número de prazas que se ofertará para cada saída será dun máximo de 15 participantes e un mínimo de 10. Estas cifras poden variar en función das restricións sanitarias.

CANCELACIÓNS

Non se farán devolucións por cancelación salvo acreditación documental de causa de forza maior ou suspensión da actividade por parte da organización. No caso de cancelación por forza maior dalgún dos participantes só se procederá á cancelación e devolución do importe dos/das seus/súas acompañantes cando todos/as eles/as se inscribisen nesta actividade formando parte da mesma Entrada de Rexistro no Concello de Barreiros.

A organización resérvase o dereito a cancelar a actividade en caso de condicións meteorolóxicas que impidan o normal desenvolvemento da mesma, por non alcanzar o número mínimo de inscritos/as, por causas de forza maior ou por modificación das restricións derivadas da situación sanitaria. Nestes supostos procederase a devolver o importe íntegro aos/ás inscritos/as.

As devolucións dos importes farase na conta indicada no formulario de inscrición.

No caso de que algún dos/das participantes chegue máis de 10 minutos tarde ao lugar de inicio da actividade, a organización resérvase o dereito para comezar a actividade sen el/ela. Entenderase que non se presenta e non terá dereito á devolución do importe nin ao troco por outra data.

Ir arriba