Información xeral

A RÍA DO MASMA

A Ría do Masma é un ecosistema de gran importancia avalado por diferentes figuras de protección tales como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Zona de Especial Conservación (ZEC) e Important Bird Area (IBA), entre outras.

Este tipo de humidais albergan unha enorme diversidade de tipos de hábitats e de especies de flora e fauna que non se atopan en ningún outro lugar. Particularmente esta ría constitúe un dos puntos estratéxicos de Galicia para a observación de aves. Conscientes da súa importancia, en Barreiros queremos divulgar os valores ambientais desta xoia natural a través destas rutas ambientais a pé.

Percorrerase un tramo do Camiño Natural do Cantábrico acompañados dun/dunha guía especializado/a que ademais portará material de apoio para unha mellor observación e recoñecemento de especies.

DATAS E HORARIOS

Rutas:

1ª – Venres 16 de xullo ás 10:30h

2ª – Venres 30 de xullo ás 10:30h

3ª – Venres 13 de agosto ás 10:30h

4ª – Venres 27 de agosto ás 10:30h

Saída desde: aparcadoiro praia de Altar.

INFORMACIÓN DA RUTA

Distancia: 8Km aprox. (ida e volta). Dende a Praia de Altar ata a ponte do tren seguindo o Camiño Natural Ruta do Cantábrico.

Duración: 3 horas aprox.

Dificultade: Moderada.

Prazas limitadas: o número de prazas que se ofertará para cada saída será dun máximo de 15 participantes e un mínimo de 10. Estas cifras poderán variar en función das restricións sanitarias vixentes no momento por mor da Covid-19.

Idade mínima para participar: 7 anos. Os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.

Prezo: gratuítas. Inclúen seguro de accidentes e RC.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións meteorolóxicas, auga, prismáticos (o/a guía levará algúns), xel hidroalcohólico.

IMPRESCINDIBLE E RECOMENDACIÓNS

Imprescindible:

Contar cunha condición física e psíquica suficiente para a práctica desta actividade.

Deberá respectarse o protocolo covid-19 que estableza a organización da actividade. Será obrigatorio o uso de máscara.

Presentar o Documento Nacional de Identidade no momento de iniciar a actividade para confirmar a inscrición.

Cada participante deberá declarar que leu e acepta a “Declaración Responsable” no momento de preinscribirse ou, en todo caso, antes do inicio da actividade, na que non poderá participar sen ter esa documentación presentada.

Cada participante deberá declarar que leu e acepta a “Información sobre Protección de Datos” no momento de preinscribirse ou, en todo caso, antes do inicio da actividade, na que non poderá participar sen ter esa documentación presentada.

PRAZOS DE SOLICITUDE E ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Prazo da solicitude (ata 3 días antes da actividade): O prazo de solicitude estará aberto ata 3 días antes da data da actividade, sendo o último día do prazo o luns previo á actividade, ou ata que se cubra o número máximo de participantes para cada unha das datas (poden quedar en lista de agarda).

Asignación de prazas: As prazas asignaranse por orde de presentación no rexistro do concello. Poderán presentarse ben presencialmente nas oficinas do concello, a través de Rexistro, ou a través da sede electrónica municipal https://barreiros.sedelectronica.es (e subir a declaración responsable obrigatoria e a información sobre a protección de datos por cada un dos inscritos).

Formalización da inscripción: unha vez realizada a solicitude, o concello contactará co solicitante para confirmarlle se obtivo ou non praza.

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

A organización resérvase o dereito a cancelar ou aprazar a celebración desta actividade por causas meteorolóxicas, de forza maior, por restricións sanitarias ou circunstancias similares comunicando previamente esta continxencia por correo electrónico e/ou teléfono aos/ás participantes. Igualmente, poderá cancelar a inscrición de parte ou tódolos/as participantes previamente admitidos/as reducindo o número de prazas en caso de que así sexa aconsellable ou por non alcanzar o mínimo de inscricións establecido.

No caso de que algún dos/das participantes chegue máis de 10 minutos tarde ao lugar de inicio da actividade, a organización resérvase o dereito para comezar a actividade sen el/ela non podendo trocala por outra data.

Solicita a preinscrición

desde o venres 2 de xullo e a ata 3 días antes da data da actividade

Ir arriba