Lista definitiva grupos

Divider

Formaliza a inscrición

O persoal do concello poñerase en contacto telefónico ou vía mail coas persoas admitidas para que confirmen a súa inscrición para un mes ou os dous e elixan (pola orde de presentación) que día ou horario prefiren para cada actividade, en función das dispoñibilidades dos grupos.

Segundo as bases, os solicitantes dispoñen desde o día 1 ó 5 de xullo (incluído) para formalizar a inscrición e para iso deberán presentar nas oficinas do concello, na sede electrónica https://barreiros.sedelectronica.es (Instancia Xeral) ou ben enviandoa ó mail secretaria@concellodebarreiros.gal a seguinte documentación:

  1. Xustificante de ingreso bancario.
  2. Declaración responsable cuberta e asinada. Descargar PDF
  3. Documento informativo sobre protección de datos cuberto e asinado. Descargar PDF
Divider

Información xeral

Persoas adminidas

Formaliza a inscrición

O persoal do concello poñerase en contacto telefónico ou vía mail coas persoas admitidas para que confirmen a súa inscrición para un mes ou os dous e elixan (pola orde de presentación) que día ou horario prefiren para cada actividade, en función das dispoñibilidades dos grupos.

Segundo as bases, os solicitantes dispoñen desde o día 1 ó 5 de xullo (incluído) para formalizar a inscrición e para iso deberán presentar nas oficinas do concello, na sede electrónica https://barreiros.sedelectronica.es (Instancia Xeral) ou ben enviandoa ó mail secretaria@concellodebarreiros.gal a seguinte documentación:

  1. Xustificante de ingreso bancario.
  2. Declaración responsable cuberta e asinada. Descargar PDF
  3. Documento informativo sobre protección de datos cuberto e asinado. Descargar PDF
Divider

Información xeral

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

● Jumping Fitness: Clase dirixida enfocada ao desenvolvemento da actividade aeróbica sobre camas elásticas, con soportes musicais. Axuda a manter o corpo saudable.

● Zumba: Clase dirixida enfocada ao desenvolvemento da actividade aeróbica combinada con movementos de baile, utilizando bases musicais de ritmos latinos. Axuda a manter o corpo saudable.

● Ioga: Clase dirixida enfocada en técnicas posturais, de respiración e meditación, aportando ao corpo fortaleza, tonificación, flexibilidade e liberación da tensión muscular.

A súa práctica realizarase descalza ou con calcetíns, roupa comoda e flexible.

● Ioga Dinámico: Clase dirixida enfocada en técnicas posturais, de respiración e meditación de forma máis dinámica, aportando ao corpo fortaleza, tonificación, flexibilidade e liberación da tensión muscular.

A súa práctica realizarase descalza ou con calcetíns, roupa comoda e flexible.

Comezo das actividades: semana do 05 de xullo do 2021.

Prazas limitadas: dependerá das restricións sanitarias vixentes no momento.

Grupos mínimos: requírese de 10 persoas mínimo por actividade para que se oferte.

Lugar: Pavillón Polideportivo de San Cosme de Barreiros.

PREZO DA ACTIVIDADE: 15 €/ mes.

HORARIOS DAS ACTIVIDADES

Horarios para a mocidade (13-17 anos)

Jumping Fitness. Martes de 19:30 h. a 20:15 h.

Zumba. Martes de 20:30 h. a 21:30 h.

Ioga Dinámico. Xoves de 19:15 h. a 20:15 h.

Horarios para adultos (18 ou mais anos)

Jumping Fitness. Mércores de 19:30 h. a 20:15 h.

Zumba. Mércores de 20:30 h. a 21:30 h.

Ioga. Xoves de 20:30 h. a 21:30

PROCEDEMENTO PARA OUTORGAR AS PRAZAS

Concederanse as prazas para cada actividade seguindo este procedemento:

1) Asignaranse as prazas da actividade ás persoas empadroadas en Barreiros por orde de solicitude de inscrición.
2) Se quedaren prazas sen conceder na actividade, asignaranse ao resto das persoas por orde de solicitude de inscrición.
3) No caso de CUBRIRSE TODAS AS PRAZAS DA ACTIVIDADE, o resto das persoas solicitantes non seleccionadas quedarán ordenadas nunha lista de agarda onde figurarán primeiro as persoas empadroadas en Barreiros por orde de solicitude de inscrición e, a continuación as persoas non empadroadas por orde de solicitude de inscrición.
No momento no cal se curse unha baixa na actividade procederase a facer un chamamento na orde de lista establecida ata cubrir todas as prazas vacantes.
4) No caso de NON CUBRIRSE AS PRAZAS DA ACTIVIDADE, na publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas indicarase o número de prazas vacantes en cada actividade, e a partir do día seguinte á publicación queda aberto o prazo para novas solicitudes de inscrición. Realizada a solicitude de inscrición o Concello notificará á persoa solicitante que lle foi concedida a praza solicitada para que esta formalice o trámite achegando a documentación requirida.
Igualmente se publicarán na web ou redes sociais do Concello actualizacións en canto a posibles prazas vacantes ao longo dos meses de xullo e agosto.

PRAZOS DE SOLICITUDE E FORMALIZACIÓN DE INSCRICIÓN

Todos os trámites se poderán realizar nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Barreiros, de 9:30 h. a 15:00 h.

▪ Prazo de solicitude de inscrición: do 21 ao 28 de xuño.
▪ Publicación da lista de admitidos en cada actividade: 29 de xuño.
▪ Prazo de reclamacións: 30 de xuño.
▪ Prazo para formalizar a solicitude de inscricións: do 01 de xuño ao 5 de xullo.

Unha vez confirmada a praza polo Concello a persoa solicitante deberá achegar ás oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello:

a) Xustificante do ingreso bancario:
Ingreso: 15 € por actividade.

Entidade bancaria: ABANCA

Concepto do ingreso: NOME E APELIDOS – NOME DA ACTIVIDADE

Nº Conta para o ingreso: ES55 2080 0142 9031 1000 0019
b) Modelo Declaración responsable sobre as condicións de saúde e participación, debidamente cuberto e asinado.
c) Autorización sobre o tratamento de datos e captación e uso de imaxes.

Ir arriba