Campamento
verán 2021

Prazas vancantes
e listas das quendas
- INSCRICIÓNS ABERTAS -
Unha vez rematado o prazo de chamamento ás persoas da lista de agarda de cada quenda, fanse públicas as prazas que quedaron libres en cada quenda, quedando aberto o prazo de inscrición.
Aquelas persoas que desexen inscribirse ao campamento deberán poñerse en contacto co Concello, vía telefónica (982.124.002) ou a través do correo electrónico secretaria@concellodebarreiros.gal, para confirmar praza antes de proceder á inscrición.
A inscrición poderá facerse antes dos xoves anteriores a que dé comezo a quenda de interese.
Quenda 1
prazas completas
Quenda 2
prazas completas
Quenda 3
prazas completas
Quenda 4
prazas completas
(Actualizado 06/08/2021)

Formaliza a matrícula
do 22 ao 25 de xuño
Documentación

Acta coa listaxe provisional
Consulta a acta de baremación

Información xeral
POR QUE ELIXIR ESTE CAMPAMENTO?
O campamento de verán ofrece, durante quince días, unha diversidade de actividades educativas e lúdico-deportivas que farán que goces dunhas mañás moi entretidas e divertidas: talleres de música, robótica, xogos tradicionais e populares, gymkanas, xornada de reciclaxe, xogos cooperativos e con paracaídas, olimpiadas deportivas, xogos de pistas e busca, experimentos científicos, etc.
CANDO SE CELEBRA?
Desenvolverase durante os meses de xullo e agosto de 2021, en quendas de 15 días.
Bulebule, inscríbete na quenda ou nas quendas que máis che apeteza!
A QUEN VAI DIRIXIDO?
Dirixido a persoas nadas entre 2009 e 2017, inclusive.
Non poderán participar nenas/os participantes que:
⮚ Sexan diagnosticados positivos por COVID-19.
⮚ Presenten calquera sintomatoloxía (tos febre, dificultade respiratoria ao respirar) que poida estar asociada co COVID-19 durante os días inmediatamente anteriores á súa participación.
⮚ Estivesen en contacto estreito ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal con algunha persoa afectada por COVID-19 nos 14 días previos á súa situación.
QUENDAS, PRAZAS E PREZO.
Quendas nas que te podes inscribir (indica a orde de preferencia):
⮚ Quenda 1: Do 5 ao 16 de xullo do 2021.
⮚ Quenda 2: Do 19 ao 30 de xullo do 2021.
⮚ Quenda 3: Do 2 ao 13 de agosto do 2021
⮚ Quenda 4: Do 16 ao 27 de agosto do 2021
Prazas por quendas: 24 prazas.
Custo por quenda: 20 € por persoa. (No caso de que coincida o campamento, en horario e días, con algunha outra actividade organizada polo concello, devolverase a parte correspondente dos días que non poda asistir ó campamento por esta razón.)
COMO NOS IMOS ORGANIZAR?
Sede: Pavillón Polideportivo Municipal de Barreiros.
Podería facerse uso doutros espazos ou instalacións en función das actividades, previo aviso ás familias.
De luns a venres, de 9:30h. a 13:30 h.
Entradas e saídas: escalonadas, imprescindible ser puntuais!
Subgrupos nas actividades: 6 participantes máis monitor/ra. Podería haber modificacións na ratio en función das limitacións establecidas polas autoridades sanitarias.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS PERSOAS INSCRITAS.
As persoas preinscritas serán seleccionadas en función do seguinte baremo:
⮚ Empadroado no Concello de Barreiros: 15 puntos
⮚ Traballan os dous/das proxenitores/ras ou titores legais: 20 puntos.
⮚ Traballa un/unha só/soa dos/das proxenitores/ras ou titores legais: 10 puntos.
⮚ Usuarios/as de servizos sociais ou educadora social do Concello de Barreiros: 10 puntos.
⮚ Varios irmáns/irmás solicitan a prescrición no campamento: 5 puntos.
* No caso de empate levarase a cabo un sorteo.
* Todas aquelas persoa admitidas nunha das quedas da súa preferencia, perde o dereito sobre as demais seleccionadas pasando a formar parte ao final da lista de agarda na orde que lle corresponda seguindo o baremo anterior.
PRAZOS PARA OS TRÁMITES
Todos os trámites se poderán realizar nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Barreiros, de 9:30 h. a 15:00 h.
⮚ Prazo de preinscrición: do 8 ao 15 de xuño.
⮚ Publicación da lista provisional de admitidos en cada quenda: 16 de xuño.
⮚ Prazo de reclamacións: 17 e 18 de xuño.
⮚ Publicación da lista definitiva de admitidos e lista de agarda en cada quenda: 21 de xuño.
⮚ Prazo de inscricións: do 22 ao 25 de xuño.
⮚ Chamamento por orde de lista de agarda para cubrir vacantes de cada quenda: 28 xuño.
⮚ Prazo de inscrición das vacantes: do 29 e 30 de xuño.
(*) No caso de esgotar a lista de agarda abrirase un novo prazo de inscrición coas vacantes.