




Benvida/o, estás na escola do Concello de Barreiros

Biblioteca
Datas sinaladas
Prazas vivas
Arquivo histórico
Biblioteca Pública Municipal
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros está situada no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O obxectivo xeral consiste en facilitar á poboación a posibilidade de acceso á información e ó coñecemento, ó tempo que é un centro cultural creador de hábitos lectores e de apoio á educación formal e á autoaprendizaxe, a través do libro e das novas tecnoloxías.

Últimos eventos

AULA DE INFORMATICA
CEMIT BARREIROS
A Aula de Informática (CeMIT) é un servizo de uso público que se oferta a todo o municipio para facilitar e achegar o mundo da informática á cidadanía, ós profesionais e ás empresas. Pertence á Red de Centros para la Modernización e Inclusión Tecnológica (CeMIT), proxecto presente en toda Galicia.
Está situada no Teleclub de San Cosme e accédese pola porta lateral do mesmo.
Conta con 12 ordenadores de última xeración e un ordenador con equipamento adaptado a persoas con discapcidades físicas, impresora e conexión a Internet. Na aula impártese formación (talleres gratuítos) que pretende cubrir as necesidades da cidadanía en canto a novas tecnoloxías, á vez que se pon a disposición dos cidadáns o equipamento informático para uso libre.

Dirección
- Casa do Concello
- Rúa Vila 63 - C.P: 27790
- San Cosme de Barreiros
Teléfono
- Tel.: 982 124 002
- Fax: 982 124 110
Correo
- educadora@concellodebarreiros.gal